Autora
Dirección
Escenografía
Deseño son
Deseño iluminación
Vestiario
Música
Coreografía
Diana Mera
Diana Mera
Montse Piñeiro
Francisco Gallardo
Montse Piñeiro e Del Ruíz
Montse Piñeiro
Francisco Gallardo
Aporía Escénica
Elenco artístico
Nerea Brey, Sonsoles Cordón, Diana Mera, Raquel Oitavén, Marta Pérez, Merche Pérez, Rosa Puga Davila, María Roja, María Ángeles Iglesias, Nuria Sotelo, María Tasende
SOGA E CINSA, tríptico renacentista para 11 bruxas en 101 minutos, aborda a caza de bruxas en Europa nos séculos XV, XVI e XVII co obxecto de visibilizar o xenocidio que supuxo e a súa perversa conexión co desenvolvemento do sistema capitalista.
Horror, humor, reflexión, plasticidade e emoción son as apócemas principais deste conxuro teatral. Unha sucesión de paisaxes inesperadas irrompen na escena para que os corpos expresen a súa danza esquecida, nunha peregrinación de sombras espectrais que procura as luces da xustiza e do recoñecemento.












