Dramaturxia
Dirección e Interpretación
Espazo Sonoro e Vídeo
Construción escenografía
Interpretación
Marta Pérez e Ernesto Is
Carlos Álvarez-Ossorio
Jesús Andrés Tejada
Juan Bass
Nerea Brey, Rosa Puga Davila e Marta Pérez
Arquivo Fotográfico
Grafismo
Produción
Prensa e comunicación
Edición libro
Bacelar A Cañiza
Marieta R.
Marta Pérez
Nerea Brey, Samuel Merino, Carlos Crespo – Dito e Feito Comunicación
Edicións Positivas
O Péndulo é a nova montaxe de Inversa Teatro en coprodución co CDG, a MIT Ribadavia e a Área da Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra. Colaboran o Concello de Negreira e o Concello de Vigo.
Unha obra de teatro-documento que nos amosa como se desenvolveu a sublevación militar de 1936 e o inicio da Guerra Civil en Galicia. Este achegamento á nosa historia colectiva faise desde o persoal. Marta Pérez, co-dramaturga e actriz, trasládanos a experiencia do seu bisavó, Tirso Gómez Freijido, natural de Ribadavia e residente na Cañiza. Membro do Partido Socialista, republicano e presidente da Casa do Pobo da vila. Tirso foi apresado e fusilado no ano 1936 no Castro de Vigo, xunto cos seus camaradas Justo Moure, Jesús Pérez e Antonio Mojón. Outro veciño da localidade, Benjamín Malvar, apareceu asasinado nunha gabia. Xunto con eles foi apresada tamén María Gómez, alcaldesa da Cañiza, pertencente a Esquerda Republicana, a única muller que exerceu ese cargo en Galicia durante a Segunda República. Esta última conseguiu salvarse do fusilamento no último momento, alegando un falso embarazo. Foi condenada a cadea perpetua e rematou vivindo en Lugo coa anarquista Urania Mella.