Nerea Brey

ILLAS DESERTAS

FICHA ARTÍSTICA

Dirección e dramaturxia

Actuación

Control técnico en directo

Iluminación e música en directo

Escenografía

Videocreación e cinema en directo

Programación interactiva para app móbil

Laura Villaverde e Roi Fernández

Nerea Brey (en substitución de Laura Villaverde) e Roi Fernández.

Susana Méndez

Héctor Pazos

Roi Fernández

Roi Fernández

Fundación Épica (La Fura dels Baus)

  • Dirección e dramaturxia: Laura Villaverde e Roi Fernández
  • Actuación: Nerea Brey (en sustitución de Laura Villaverde) e Roi Fernández
  • Control técnico en directo: Susana Méndez
  • Iluminación e música en directo: Hector Pazos
  • Escenografía: Roi Fernández
  • Videocreación e cinema en directo: Roi Fernández
  • Programación interactiva para app móbil: Fundación Épica (La Fura dels Baus)

sinopse

ILLAS DESERTAS nace como resposta a un mundo competitivo que só sabe camiñar nunha única dirección: a de facernos produtivas.

O espectáculo propón unha travesía cara a nada, ancorada nas narrativas transmedia e na poesía audiovisual.

Antes de acceder ó espazo da representación, convídase ó público/tripulación a instalar no seu teléfono móbil a app Kalliópe, aplicación coa que estarán en interacción continua a través de mensaxes escritas e audiovisuais, dando a posibilidade de vivenciación-participación na obra ós espectadores, a tempo real. Convértense así nun personaxe máis da peza.

ILLAS DESERTAS é unha experiencia inútil, unha viaxe cara á nada, un canto ao fracaso, unha conquista do inútil, unha viaxe interior. É habitar, abrir, reencontrarse con eses territorios ignotos que nos habitan interiormente e que buscan saír á boia cando a vida nos sacude, cando nace ese baleiro que o material non pode encher. Por que non roubarlle tempo á morte con esta aventura?

A través do movemento, das voces en off, da realización de cinema en directo, da interpretación, do son, da poética dos obxectos, da construción de maquetas e do traballo con máscaras xéranse paisaxes escénicas cunha enorme carga poética, salpicados das experiencias e reflexións de dous aventureiros: a aviadora Amelia Earhart e o explorador Ernest Shackleton.