A casa na que habitamos adoita ser un refuxio, un lugar de descanso; pero que ocorre cando isto non é así para todos os membros da familia? Por veces, o fogar convértese para as mulleres nun campo de traballos forzados cunhas fronteiras invisibles que, se non se sacan á luz, resultan máis complicadas de vencer.
A actriz Nerea Brey e a videocreadora Miriam Rodríguez achegan unha proposta sobre os coidados, e sobre como o feito de que estes acaben recaendo exclusivamente na muller supón unha forma máis de machismo, da que non sempre somos conscientes.