Nerea Brey

Manual de Patronaxe

Manual de Patronaxe é unha peza de autoficción na que o personaxe da Escritora busca descubrir, á través das palabras, a súa identidade como muller e como creadora. Conta para isto coa axuda dunha Actriz, coa que confronta opinións sobre o acto de crear e sobre como inflúe no mesmo o feito de ser muller. Os fragmentos e escenas metateatrais altérnanse con outros de ficción, nos que a Escritora e a Actriz interpretan, respectivamente a Nena —a autora de pequena­— e Avoa —a antecesora da dramaturga, que era modista—.

Tras varios bloqueos de escritura, motivados pola inseguridade e polo descoñecemento de referentes, a Escritora dáse conta de que a Avoa, polo seu xeito de vivir, foi para ela un verdadeiro modelo feminista, no persoal e no profesional. Os recordos do pasado da Escritora —as vivencias de Nena— entretécense co presente; e mentres a Avoa vai unindo teas cos seus fíos, Nena atopa, a partir da imitación, a forma de fiar palabras.

18º Premio Abrente de Textos Teatrais, concedido pola Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.