Nerea Brey

Cancións amarelas,
Flores Tristes

ficha artística

Elenco

Texto

Dirección

Espacio e iluminación

Vestuario

Espacio sonoro

María Costas, Nacho Castaño, María de las Llanderas y Fran Nogueira

Ernesto Is.

Nerea Brey

Beatriz de Vega

Javier Lojo

Nerea Brey y Ernesto Is

  • Elenco: María Costas, Nacho Castaño, María de las Llanderas y Fran Nogueira
  • Texto: Ernesto Is
  • Dirección: Nerea Brey
  • Espacio e iluminación: Beatriz de Vega
  • Vestuario: Javier Lojo
  • Espacio sonoro: Nerea Brey y Ernesto Is

sinopse

Catro persoas de idades, xéneros, crenzas e realidades socioeconómicas moi diferentes, coinciden nun karaoke. Ao longo da madrugada, as cancións e o alcohol mestúranse cos medos e cos problemas que os levan a refuxiarse neste lugar, onde constrúen os seus propios paraísos artificiais.

Nesta noite de festa hai música, pero tamén silencio; miradas cómplices e mal intencionadas; luces de cores que iluminan o escenario e sombras trala porta do baño; copas escachadas contra o chan e brindes até o amencer; corpos suorentos, tristes e cansos que procuran outros corpos igual de suorentos, tristes e cansos; tarxetas de crédito co saldo esgotado; maquillaxe e perfumes baratos; bágoas que mollan as flores de plástico coas que se decoran as mesas: frustracións, temores… Pero, sobre todo, anhelos.

CANCIÓNS AMARELAS, FLORES TRISTES integra ao público no propio escenario, distribuíndoo en mesas e cadeiras, coma se estivese no karaoke onde acontece esta historia. O espectáculo ofrece así unha experiencia inmersiva e proximidade, concibida tanto para teatros como para espazos de representación non convencionais.

Música, palabra e movemento combínanse nesta montaxe multidisciplinar, a medio camiño entre o drama e a comedia, para falar das diferentes problemáticas da sociedade actual e de como estas afectan á nosa saúde mental e ás nosas relacións interpersoais.

a compañía

Manekineko é un proxecto teatral que aposta pola dramaturxia contemporánea e a hibridación de linguaxes escénicas, e que pon o foco en temáticas que dialogan cos espectadores e espectadoras de hoxe.

A compañía Manekineko (gato xaponés da sorte, cuxa raíz etimolóxica provén dos termos nipóns maneku, “invitar”, e neko, “gato”, polo que significa literalmente “gato que invita a pasar”) nace coa vontade de levar a cabo a súa primeira produción escénica, CANCIÓNS AMARELAS, FLORES TRISTES.